Crear cultura

Porque a cultura non é só consumo, senón tamén creación, Pedras ofrece unha serie de actividades participativas nas que a creatividade é protagonista e que mesturan a narración oral e manipulación directa de obxectos con obradoiros nos que nada é o que parece.

dinamiza

A galiña dos ovos de conto

Como todas as galiñas do mundo, Rosiña pon ovos, pero non son uns ovos normais. Os ovos de Rosiña son ovos de conto. Queres coñecela?

Actividade creativa que axunta narración e obradoiro, literatura e plástica.

A casa das letras

Que farán as letras mentres alguén as convida a participar nos contos? Achégate á súa casa e descobre como viven.

Contaconto con manipulación de obxectos e obradoiro creativo

PapelArte

Aprende a facer en 3D as túas personaxes favoritas usando materiais que tes na casa e a túa imaxinación.

Actividade incluída no programa Ler conta Moito co nome de Papelarte.

Máscaras e cabezudos

Un león, un peliqueiro, un xigante, un cabezudo… Pensa quen queres ser e fai a túa máscara.

Obradoiro de elaboración de máscaras ou cabezudos en cartón pedra, cartón corrugado ou papel trenzado.

Monicreques

Calquera cousa pode converterse nun divertido monicreque. Proba connosco!

Obradoiro perfecto para docentes e nenas de elaboración de monicreques con cartón pedra, material de refugallo ou obxectos cotiáns segundo os intereses das participantes

Papel artesán

Descobre como facer papel coas túas mans!

Obradoiro de elaboración de papel reciclado ou con fibras vexetais.

Cestos de papel

Din que quen fai un cesto, fai un cento. Queres probar?

Aprende a facer un cesto usando as técnicas da cestería tradicional pero cun material tan accesible como o papel o que che permitirá practicar na casa e, se cadra, facer un cento!

Incluída no programa Ler Conta Moito

Á carta

Precisas unha actividade para celebrar algo especial? Pois cóntamo.

Planificamos e desenvolvemos actividades para datas específicas como o 25N, o 8M, o día da muller na ciencia, o día de Rosalía, o día do Patrimonio, Entroido, Samaín…