Máscaras e cabezudos

Un león, un peliqueiro, un xigante… Pensa quen queres ser e fai a túa máscara ou cabezudo.

Obradoiro adaptado a todos os públicos de elaboración de máscaras ou cabezudos en cartón pedra, cartón corrugado ou papel trenzado. Ideais para datas sinaladas como o Entroido ou Samaín ou para calquera outro día do ano xa que se adapta a calquera temática e lugar, coa posibilidade, por exemplo, de estudar os personaxes locais.

Que aprenderás

As máscaras e os cabezudos son elementos moi habituais nas nosas festas. Aprende a elaborar pezas moi lixeiras e expresivas dos personaxes que ti elixas.

Metodoloxía

Obxectivos