A galiña dos ovos de conto

Como todas as galiñas do mundo, Rosiña pon ovos, pero non son uns ovos normais. Os ovos de Rosiña son ovos de conto. Queres coñecela?

Actividade creativa que axunta narración e obradoiro, literatura e plástica, na que as rapazas, despois de escoitar a narración da vida da galiña, elaborarán bonecos dos personaxes dun conto que inventarán coa axuda da pita.

Obxectivos

Esta proposta céntrase no fomento da lectura e busca estimular a creatividade das crianzas a través dunha historia que imos improvisando entre todas ao longo da actividade e que lles permitirá coñecer unha fórmula máxica para inventar contos tamén na casa.

Como facer ovos de conto

Xa sabes que a nosa galiña é un tanto especial e por iso pon ovos de conto. Descobre como facelos ti na túa casa!

Se queres ver outras actividades de artesanía creativa con papel para facer na túa casa, visita a nosa canle de Youtube