Facer e ensinar Artesanía
Pedras naceu como un proxecto creativo ao tempo que como unha aposta polo patrimonio cultural. A artesanía forma parte do noso patrimonio intanxible; é algo vivo que se transmite de xeración en xeración e muda para acomodarse aos tempos.
Creo que Artesanía non son só as pezas que saen das nosas mans. Tamén o son os saberes que ao longo do tempo se foron construíndo. Por iso compartimos os nosos coñecementos con todas aquelas que queiran aprender a traballar cun material tan xeitoso como o papel.
cursos