Pedras
Pedras é un proxecto creativo e cultural centrado na elaboración de creacións en cartón pedra de pequeno e gran formato e na formación sobre esta e outras técnicas artesanais co fin de preservar e actualizar unha parte importante do noso patrimonio cultural intanxible: os coñecementos artesanais desde a prehistoria ata os nosos días.

Ola! Son Electra, unha artesá do cartón pedra. Hai moitos anos descubrín cun xoguete de reciclaxe de papel as posibilidades plásticas deste material. Así empecei a experimentar primeiro co papel maché, despois co cartón pedra, e na actualidade combinando estes con outros materiais como o vimbio ou a madeira para descubrir novas texturas.
Durante anos conciliei esta experimentación co meu traballo en patrimonio cultural, ámbito no que me formei e traballei durante gran parte da miña traxectoria laboral. Mais na práctica profesional no eido do patrimonio faltaba algo: a creatividade.
Que fago
Mesturo a tradición co deseño
ARTESANÍA
CREATIVA
Pezas artesanais de cartón pedra, un material duradeiro e sostible co que creo pezas de pequeno e gran formato de gran expresividade e durabilidade.
FORMACIÓN
Formación sobre esta e outras técnicas artesanais desde a prehistoria ata os nosos días co fin de preservar unha parte importante do noso patrimonio cultural: os saberes artesanais.
DINAMIZACIÓN CULTURAL
Actividades de ocio educativo nas que a creatividade é protagonista: contacontos, monicreques e obradoiros creativos.