Artesanía para un premio

Hoxe publico un vídeo no que podes ver o proceso de elaboración das pezas que se entregarán ás galardoadas nos II Premios Mil Primaveras. Están feitas coas técnicas tradicionais e sostibles do cartón pedra e do papel machucado, usando materiais de expurgo da biblioteca: dicionarios, xornais e libros en galego.

Cando a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, organizadora do certame, me encargou as figuras pensei que sería boa idea darlle mil primaveras máis a lingua reciclando textos en galego para facer as esculturas, en lugar de usar o habitual cartón fallero. Así que falei con Sofía, a bibliotecaria de Rianxo, e deume un feixe de libros para empezar a traballar. E así foi o proceso:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.