Chove miudiño

Como chove miudiño, como miudiño chove; como chove miudiño pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove.

Rosalía de Castro

Baseada no poema de Rosalía de Castro “Como chove miudiño” recollido en “Cantares galegos”.

Pertence á colección “Ailalelo” inspirada en cancións e ditos populares galegos. Son pezas decorativas que beben do noso patrimonio inmaterial, da música popular e da cultura tradicional de Galicia.

Peza decorativa de sobremesa ou parede. 28 x 21 x 18 cm
Elaborada a man con cartón pedra, acrílicos e grafitos.