Bailaches, Carolina?

A saia da Carolina, ten un lagarto pintado; cando a Carolina baila, o lagarto dalle ó rabo. Bailaches Carolina? Bailei, si señor! Dime con quen bailaches?…

Baseada na popular canción galaico portuguesa do mesmo título.

Pertence á colección “Ailalelo” inspirada en cancións e ditos populares galegos. Son pezas decorativas que beben do noso patrimonio inmaterial, da música popular e da cultura tradicional de Galicia.

Peza decorativa de sobremesa ou parede. 26 x 26 cm.
Elaborada a man con cartón pedra, acrílicos e grafitos.