Obradoiro de escultura creativa

Obradoiro de escultura creativa para todos os públicos.

Novo obradoiro de “Escultura creativa” en Rianxo, no local da asociación da Asociación Ondiñas Mainas.

En principio se contempla como unha actividade permanente durante todo o curso escolar pero dirixida a calquera tipo de público: infantil, familiar, xuvenil, adultos e diversidade funcional. Organizaranse grupos reducidos segundo a demanda e cumprindo coas medidas sanitarias para facer un obradoiro seguro. O horario aínda está por determinar, pero seŕa dun día á semana, durante dúas horas.

Para participar neste obradoiro de “Escultura creativa” non precisas ter coñecementos previos, nin aportar materiais. Ademais levarás para a túa casa as túas creacións. Só é necesario que teñas ganas de aprender e pasalo ben. Mesturaremos artes plásticas, artesanía, patrimonio e tamén teatro, cine, historia, natureza, ciencia, …, combinando materiais e técnicas sostibles e accesibles como o cartón pedra, a pasta de papel, a cerámica, a escaiola, as fibras vexetais ou mesmo obxectos reciclados que baixo a túa mirada mudarán ata converterse no que ti queiras.

Se che gusta o volume e a cor, xogar cos materiais e texturas e deixar voar a imaxinación, esta pode ser a túa actividade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.