Curso de iniciación á escultura en papel

Obradoiro de iniciación á escultura en papel. Elaboraremos unha figura sinxela con acabado en papel de xornal, revista ou libro. Para facer os detalles aplicaremos outros papeis de diferentes cores ou motivos ou mesmo outros materiais.

Será o 18 de xuño de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h en Vilagarcía de Arousa (Xtudoh! , Rúa Arapiles 2, 1ºF). Para máis información: info@xtudo.com.

Para facer o pagamento, accede escaneando o código QR