Curso de escultura en papel

Curso de escultura en papel

Despois do parón de actividades do ano pasado pola COVID retomamos a actividade formativa. O curso de “Escultura en papel” será este ano no meu taller, en Leiro, Rianxo, con grupos reducidos e horarios flexibles e está dirixido a todos os públicos: infantil, familiar, xuvenil, adultos e diversidade funcional.

No curso descubrirás as posibilidades creativas do papel como material escultórico. Aprenderás técnicas tradicionais, sinxelas e sostibles de gran potencialidade expresiva, ideais para explorar o teu lado máis creativo. Traballarás principalmente con papel e cartón xunto con outros materiais como o barro, a escaiola, a madeira, o metal, o téxtil, ou as fibras vexetais.

Para participar neste obradoiro non precisas ter coñecementos previos, nin aportar materiais. Ademais levarás para a túa casa as túas creacións. Só é necesario que teñas ganas de aprender e pasalo ben. Se che gusta o volume e a cor, xogar cos materiais e texturas e deixar voar a imaxinación, esta pode ser a túa actividade.

Para máis información pedras@pedras.gal ou no 669955564

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.