O coronavirus confinado

Estes días os coronavirus andan tranquiliños polas rúas e nós na casa sen poder saír. Pero… non quedaremos cos brazos cruzados! Imos confinalos no bote da marmelada! Para iso aprenderemos a facer unha pasta de papel para emerxencias, con materiais que todos temos na casa: papel hixiénico e fariña.

#artesaníanacasaconpedras é unha proposta de actividades creativas para toda a familia. Se prefires que me achegue á túa escola, biblioteca, asociación… a facer o obradoiro, consulta a información aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.