Actividades

Xunto á elaboración de pezas artesanais, Pedras ofrece actividades inclusivas, participativas e lúdicas relacionadas coa artesanía creativa, a educación do Patrimonio Cultural e o fomento da lectura.

 

Formación

Artesanía creativa

Obradoiros participativos para dar a coñecer a técnica do cartón pedra, do papel machucado e do papel en xeral

Aínda que o papel e o cartón son considerados en moitas ocasións como os materiais pobres da escultura, o cartón pedra é unha técnica antiga, sinxela e sostible con gran potencialidade expresiva, ideal para explorar o noso lado máis creativo.

Descarga o catálogo de actividades de artesanía creativa

dinamización cultural

Historias participativas

Contacontos e obradoiros creativos nos que a creatividade e a diversión son os protagonistas.

Porque a cultura non é só consumo, senón tamén creación, Pedras ofrece unha serie de actividades participativas que mesturan a narración oral e manipulación directa de obxectos con obradoiros nos que nada é o que parece.

Descarga o catálogo de actividades dinamización cultural sobre fomento da lectura, igualdade e educación patrimonial.

educación patrimonial

Artesás na prehistoria

Actividades para coñecer os procesos artesanalis desde a prehistoria ata os nosos días.

Pedras naceu como un proxecto creativo ao tempo que como unha aposta polo patrimonio cultural. A artesanía forma parte do noso patrimonio intanxible; é algo vivo que muda para acomodarse aos diferentes momentos históricos. Por iso propoño unha serie de actividades ao redor dos procesos artesanais na prehistoria ata os nosos días, reinterpretando as técnicas e os materiais.

Descarga o catálogo de actividades de educación patrimonial.