pedras
Escultura en papel. Unha técnica tradicional e sostible
Creacións de pequeno e grande formato, formación e dinamización cultural.
Creacións de pequeno e grande formato, formación e dinamización cultural.
Pedras de papel é un proxecto creativo e cultural centrado na creación de escultura en papel e na formación sobre esta e outras técnicas artesanais co fin de preservar e actualizar unha parte importante do noso patrimonio cultural intanxible: os coñecementos artesanais.
Xunto á elaboración de creacións en papel, Pedras ofrece formación e actividades de dinamización cultural inclusivas, participativas e lúdicas relacionadas coa artesanía creativa, o fomento da lectura, a igualdade e a educación patrimonial.
Emprego de materiais reciclados e procesos limpos ou de moi baixa toxicidade.
Son técnicas sinxelas, que precisan materiais accesibles e pouca infraestrutura inicial.
É un material moi versátil e duradeiro, ideal para explorar o noso lado máis creativo.
Son técnicas antigas que podemos transmitir e usar cunha mirada contemporánea.
Unha peza personalizada, algún encargo especial para un agasallo ou acto, que vaia ao teu centro a dar algún curso, a facer un contacontos, un obradoiro creativo ou unha demostración, se precisas un orzamento ou simplemente queres preguntar algo, podes contactar comigo.